Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 10 de agosto de 2020 Páx. 31656

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/20, e se ditan instrucións para a realización da proba.

A Orde da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, do 13 de xullo de 2020, pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/20 (Diario Oficial de Galicia do 24 de xullo), establece no seu artigo 12 que para elaborar, supervisar e avaliar a proba a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa designará un tribunal composto por un presidente ou unha presidenta, e ata un máximo de seis vogais, coa categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou inspectores e inspectoras de Educación.

De conformidade co establecido no citado artigo 12 e na disposición derradeira primeira da citada Orde do 13 de xullo de 2020 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/20, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Designar os membros do tribunal para elaborar, supervisar e avaliar a proba para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/20 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Fixar o horario, os lugares de realización da proba e as condicións de presentación das persoas candidatas.

1. A proba celebrarase o día 15 de setembro de 2020 de acordo co seguinte horario:

– 9.15 horas, presentación das persoas candidatas.

– 10.00 a 12.00 horas, primeira parte da proba.

– 12.30 a 14.30 horas, segunda parte da proba.

2. Lugares en que se realizará a proba.

Os lugares en que se realizará a proba publicaranse no portal educativo
https://www.edu.xunta.gal e na páxina de inicio da aplicación https://www.edu.xunta.es/premiosedu, unha vez publicada a relación provisional de alumnado admitido e excluído.

Terceiro. Presentación das persoas candidatas

Para a realización da proba as persoas candidatas deberán presentarse no lugar asignado ás 9.15 horas e acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Cuarto. A celebración da proba conforme o previsto nesta resolución poderá ser modificada en función da evolución da COVID-19 naqueles aspectos que fose preciso para un adecuado desenvolvemento do proceso.

As persoas candidatas deberán consultar a información contida no portal educativo https://www.edu.xunta.gal e na páxina de inicio da aplicación https://www.edu.xunta.es/premiosedu, en referencia a posibles cambios no desenvolvemento do proceso.

Quinto. Medidas de prevención

Durante a realización das probas respectaranse as medidas de prevención e hixiene recollidas no protocolo do Ministerio de Educación e Formación Profesional para a realización da avaliación do bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) 2020, así como no protocolo ABAU 2020 en Galicia, ou calquera outra medida establecida para os centros educativos.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2020

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación
Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Tribunal

Titulares:

Presidenta: María del Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

Vogais:

María Concepción Aramburu Sánchez, inspectora de Educación.

Isabel Serna Masiá, inspectora de Educación.

Faustino Martín González, inspector de Educación.

Delfín Caseiro Nogueiras, inspector de Educación.

Raimundo José Naveira Zapata, inspector de Educación.

Román Latas Calvo, inspector de Educación.

Suplentes:

Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial.

Vogais:

Marina Armada Vigo, inspectora de Educación.

Beatriz Plana Galán, inspectora de Educación.

Íñigo Barreiro García, inspector de Educación.

María del Pilar Barandela Sandianes, inspectora de Educación.

María Ángeles Aramburu Núñez, inspectora de Educación.

María Antonia González Comesaña, inspectora de Educación.