Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 10 de agosto de 2020 Páx. 31799

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 6 do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobada inicialmente a modificación puntual número 6 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello da Guarda, por Acordo do Pleno do 29 de maio de 2020, de conformidade co artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte ao da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Faro de Vigo e Atlántico Diario.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se coiden pertinentes ou obter copias. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello (http://aguarda.sedelectronica.gal).

Por canto a modificación puntual que se está a tramitar afecta unicamente unha parcela catastral que está afectada integramente pola ampliación de viario público previsto no planeamento, non se considera necesario determinar un ámbito de suspensión de licenzas.

A Guarda, 3 de xuño de 2020

Antonio Lomba Baz
Alcalde