O Parlamento de Galicia, na sesión constitutiva que tivo lugar o día 7 agosto de 2020, conforme o disposto nos artigos 4.2 e 36 do Regulamento da Cámara, procedeu á elección da Mesa, que queda integrada polas seguintes persoas:
Presidente: Miguel Ángel Santalices Vieira.
(Partido Popular).
Vicepresidente primeiro: Diego Calvo Pouso.
(Partido Popular).
Vicepresidenta segunda: María Montserrat Prado Cores.
(Bloque Nacionalista Galego).
Secretaria: María Corina Porro Martínez.
(Partido Popular).
Vicesecretaria: Marina Ortega Otero.
(Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE).
Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2020
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente