Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 11 de agosto de 2020 Páx. 31825

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2020 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de xullo de 2020 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da axencia.

En consecuencia, por proposta da Axencia Tributaria de Galicia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día do 30 de xullo de 2020, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 30 de xullo de 2020, relativo a aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2020

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file