Convócase mediante esta resolución o alleamento de madeiras de varios lotes na provincia da Coruña, de acordo co disposto no Decreto 244/1998, do 24 de xullo, polo que se regulan os alleamentos dos aproveitamentos forestais nos montes xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 159, do 18 de agosto), na Orde do 8 de setembro de 1998 pola que se desenvolve o Decreto 244/1998, do 24 de xullo, que regula os alleamentos dos aproveitamentos forestais nos montes xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 180, do 16 de setembro) e na Orde do 20 de febreiro de 2020 pola que se desenvolve a tramitación electrónica dos alleamentos dos aproveitamentos forestais nos montes xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia regulados polo Decreto 244/1998, do 24 de xullo (código de procedemento MR612A) (DOG núm. 41, do 2.3.2020).
A licitación e información dos lotes pódense consultar na páxina web da Consellería do Medio Rural e no visor de aproveitamentos madeireiros en xestión da Administración forestal, nos enderezos seguintes:
https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/forestal/poxas.
https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/forestal/sistema-de-informacion-forestal.
A apertura electrónica dos sobres coas ofertas económicas terá lugar no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, planta baixa, 15008 A Coruña.
Para este procedemento rexerán a normativa antes citada e os pregos de condicións técnico-administrativas xerais e particulares que figuran no expediente correspondente, onde poderán ser consultados polas persoas interesadas, na páxina web referida, a partir do día da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución.
As ofertas presentaranse a través da sede electrónica (https://sede.xunta.gal) (código de procedemento MR612A) durante os vinte e seis (26) días naturais seguintes ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución.
A apertura das proposicións económicas será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá ás once (11.00) horas do décimo quinto (15º) día hábil, contado a partir do termo do prazo de presentación das ofertas.
Cada persoa licitadora presentará dous sobres electrónicos para cada oferta. O sobre A, coa documentación administrativa, e o sobre B, coa oferta económica.
No caso de presentarse a varios lotes, o sobre A, que contén a documentación administrativa, poderá ser único para todos os lotes que se presenten ante a mesa e na mesma sesión. Este sobre deberá conter, en todo caso, a documentación sinalada na Orde do 20 de febreiro de 2020 pola que se desenvolve a tramitación electrónica dos alleamentos dos aproveitamentos forestais nos montes xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia regulados polo Decreto 244/1998, do 24 de xullo (código de procedemento MR612A).
Non obstante, de darse o caso de que algún documento do sobre A non estea asinado dixitalmente, poderase presentar de forma presencial nun sobre pechado perante o Rexistro Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural correspondente, unha vez que nestes procedementos é o órgano de contratación, tal e como sinala o Decreto 244/1998, do 24 de xullo, polo que se regulan os alleamentos dos aproveitamentos forestais en montes xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia e a súa normativa de desenvolvemento.
O sobre B recollerá a proposición económica e presentarase no modelo normalizado disposto na Orde do 20 de febreiro de 2020 pola que se desenvolve a tramitación electrónica dos alleamentos dos aproveitamentos forestais nos montes xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia regulados polo Decreto 244/1998, do 24 de xullo, a través do procedemento MR612A establecido na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cada un dos lotes figurará nun sobre B individual.
A persoa adxudicataria constituirá a garantía definitiva do 5 % do prezo de adxudicación, agás nos expedientes en que o aproveitamento se realice a resultas ou o motivo do aproveitamento sexa «rareo». Nestes últimos casos engadirase o 5 % de garantía complementaria, acadando unha garantía definitiva dun 10 %.
A persoa adxudicataria constituirá a garantía definitiva e, de ser o caso, a complementaria dentro dos dez (10) días hábiles seguintes ao da data en que regulamentariamente se lle comunique a proposta de adxudicación.
Dentro dese mesmo prazo deberá aboar:
1. O importe total do remate, ou o importe do primeiro prazo, segundo se indique no prego de condicións particulares de cada lote.
2. O importe das taxas.
3. Os gastos proporcionais deste anuncio.
4. Os demais que se establezan nos pregos particulares do aproveitamento.
A persoa adxudicataria deberá aboar, ademais das cantidades expresadas no anuncio, a porcentaxe que corresponda, segundo o réxime especial ou xeral que aplique a propiedade do monte, en concepto de IVE.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2020
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural