Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Mércores, 12 de agosto de 2020 Páx. 32159

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 27 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de infraestruturas e dotacións para instalacións de uso agroturístico en Salgueiroas, no concello de Santa Comba (expediente 2020AAE2438; código 2302/2020).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 21 de xullo de 2020, sobre o Plan especial de infraestruturas e dotacións para instalacións de uso agroturístico en Salgueiroas, no concello de Santa Comba, promovido por Jesús José García Barcia.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático