Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 14 de agosto de 2020 Páx. 32571

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2020 pola que se realiza a convocatoria pública para cubrir prazas de persoal laboral.

Prazas: 1 (unha) responsable de recursos humanos y 1 (unha) técnico económico-financeiro.

Tipo de contrato: fixo.

Proceso selectivo: concurso-oposición.

As bases destas convocatorias e as solicitudes estarán á disposición dos interesados na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, rúa Peirao Pasaxeiros, nº 1, e tamén dispoñibles na páxina web: www.portovilagarcia.es

As solicitudes deberán presentarse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios recollidos na lexislación vixente.

Todas as notificacións que, a partir deste momento, se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas polos seguintes medios: taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e páxina web: www.portovilagarcia.es

Vilagarcía de Arousa, 5 de agosto de 2020

Sagrario Franco Malvar
Presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa