Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 14 de agosto de 2020 Páx. 32518

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2020 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial a Beatriz Pérez Sánchez.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución do 8 de xuño de 2020 (BOE do 12 de xuño), para a provisión da praza número 20/018 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información desta universidade, a favor de Beatriz Pérez Sánchez, con DNI número ***2650**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Beatriz Pérez Sánchez profesora titular de universidade da área de coñecemento de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información desta universidade.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo de vinte (20) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado; para estes efectos o mes de agosto será inhábil.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun (1) mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 4 de agosto de 2020

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña