De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente sancionador SPA-LU-0055/2019-ON pola existencia dunha plantación de pataca en zona infestada.
Para coñecer o contido integro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias, Servizo de Sanidade e Produción Vexetal situadas na rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueririños, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Transcorrido este prazo sen se ter presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa e será inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 90 da citada norma.
Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2020
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
P.S. (Resolución do conselleiro do Medio Rural do 9.6.2020)
Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural
ANEXO
Expediente: SPA-LU-0055/2019-ON.
DNI da persoa interesada: 76543018F.
Acto de notificación: resolución do expediente sancionador.