Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 18 de agosto de 2020 Páx. 32875

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 23 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental do proxecto de planta de valorización de residuos non perigosos de construción e demolición nas Maroñas, Mazaricos (A Coruña), promovida por Excavaciones Yoni Tuñas, S.L. (expediente 2019-SC-I-00034).

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro) faise público que, por espazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– Estudo de impacto ambiental do proxecto de planta de valorización de residuos non perigosos de construción e demolición nas Maroñas, Mazaricos (A Coruña).

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes, os documentos poderán consultarse en horario de atención ao público:

– Na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Residuos (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e VIvenda da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña).

– No Concello de Mazaricos (avenida do 13 de Abril, 59, 15258 Mazaricos).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Residuos.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-SC-I-00034.

Titular: Excavaciones Yoni Tuñas, S.L.

NIF: B70134143.

Localización da instalación: Lugar das Maroñas, s/n, 15256, Mazaricos (A Coruña).

Actividade: valorización de residuos non perigosos.

O proceso consiste na posta en marcha dunha planta de valorización de residuos non perigosos de construción e demolición (RCD) no lugar das Maroñas (Mazaricos). A solicitude someteuse ao trámite de avaliación ambiental simplificada e tendo en conta o informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (Servizo de Arqueoloxía) que concluía que a dita actividade podía afectar elementos do patrimonio cultural, a empresa modificou a solicitude para adaptarse ao indicado no informe, continuando así a tramitación cun procedemento de avaliación ambiental ordinario. Nesta proposta modificada a empresa presenta un acceso rodado desde o noroeste, deixando máis de 30 m con respecto á traza do Camiño de Santiago.