Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 18 de agosto de 2020 Páx. 32897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2020 pola que se fai pública a formalización do encargo co medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A (Seaga) para a execución do proxecto de obra de restauración e conservación do bosque de ribeira do río Umia, tramo do concello da Estrada, clave OH.436.1040, e da realización doutras tarefas previas técnicas.

En cumprimento do disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, cómpre dar publicidade da formalización do encargo realizado cunha empresa pública na súa condición de medio propio e instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, expediente tramitado ao abeiro do establecido nos artigos 8, 10 e 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico en relación cos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e nos artigos 31 e 32 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público e demais normativa que resulta de aplicación:

1. Datos xerais.

Entidade que confire o encargo: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal da entidade: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: https://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/.

Tipo de tramitación do expediente: encargo a medio propio e instrumental e servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Encargo.

Título e obxecto: execución do proxecto de obra de restauración e conservación do bosque de ribeira do río Umia, tramo concello da Estrada, clave OH.436.1040, e da realización doutras tarefas previas técnicas.

Clave do expediente: ENC.19002.

Código CPV (referencia de nomenclatura): códigos CPV principais 45246200-5 (Traballos de protección de ribeiras fluviais), 45246400-7 (Obras de protección contra inundacións), 77312000-0 (Servizos de roza), 77312100-1 (Servizos de eliminación de maleza), 77341000-2 (Poda de árbores), 77211400-6 (Servizos de corta de árbores) e 77310000-6 (Servizos de plantación e mantemento de zonas verdes); e CPV adicional 71311100-2 (Servizos de asistencia en enxeñaría civil).

Empresa destinataria do encargo: Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A (Seaga).

Data da autorización previa da Consellería do Medio Rural: 7 de xullo de 2020.

Data de aprobación: 27 de xullo de 2020.

Data de formalización: 28 de xullo de 2020.

Orzamento: 219.700,83 euros (actuación non suxeita a IVE).

Importe total previsto do gasto: 219.700,83 euros. Inclúe o orzamento inicial do encargo.

Prazo de execución: 12 meses, sen previsión de prórrogas con incremento do gasto e sen prexuízo da/s ampliación/s do prazo de execución da prestación obxecto do encargo que foren necesarias sen incremento do gasto.

Data de publicación da formalización documental no perfil de contratante: 29 de xullo de 2020.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2020

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia