Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 19 de agosto de 2020 Páx. 33019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, procedemento ordinario 194/2020.

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 194/2020 (procedemento ordinario) de María Milagros Novoa Diéguez, María José Pérez López e Sofía María Barreiro Vidal, interposto contra a Resolución do 11 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso na categoría de celador/a, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado tribunal, no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2020

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos