Convocada mediante a Resolución do 10 de xuño de 2020 (DOG núm. 124, do 25 de xuño) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador/a de servizo de atención primaria, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,
ACORDA:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal sanitario diplomado (coordinador/a de servizo de atención primaria), anunciado mediante a Resolución do 10 de xuño de 2020 (DOG núm. 124, do 25 de xuño).
Segundo. Nomear no posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.
Terceiro. Contra esta resolución poderase interpoñer, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
Vigo, 23 de xullo de 2020
Julio García Comesaña
Xerente da Área Sanitaria de Vigo
ANEXO
Posto de traballo: coordinador/a do Servizo de Atención Primaria de Val Miñor.
Nome e apelidos: María Soledad Conde Freire.
DNI: ***1218**.