Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 19 de agosto de 2020 Páx. 32961

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 11 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Cooperativa A Ponte, S.C.G. para a explotación avícola de recría de galiñas reprodutoras e galos situada en Texós, concello de Baltar (expediente 2019-IPPC-M-116).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro) regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013 sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– «Memoria de renovación de autorización ambiental integrada, Os Pozos-Texós»

para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Expediente: 2019-IPPC-M-116.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2017-IPPC-I-44-319.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 9.3.a.

Titular: Sociedad Cooperativa A Ponte, S.C.G..

CIF: F32172322.

Domicilio social: Centro Procesado Avícola, CPA, Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense).

Localización da instalación: Os Pozos-Texós, concello de Baltar (Ourense).

Actividade principal: explotación avícola de recría de galiñas reprodutoras e galos.

Descrición: a explotación ten autorización ambiental integrada para 59.924 aves de recría. A instalación dispón de 3 naves para galiñas reprodutoras e dunha nave para galos. Tamén conta cun edificio para varios usos con; aseos e vestiarios, un comedor, unha oficina, unha sala de cadros de control e un almacén. Ademais, a explotación dispón de silos para o almacenamento do penso, un depósito de gas propano para abastecer o sistema de calefacción, un grupo electróxeno e unha esterqueira que garante o almacenamento do esterco producido en 6 meses.

Verteduras: as augas residuais xeradas procedentes de aseos e vestiarios, augas de limpeza, vao sanitario e lixiviados da esterqueira irán todas a depósitos estancos con capacidades de 8 m3, 15 m3, 2 m3 e 36 m3, respectivamente, e serán recollidas por xestor autorizado. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.

O esterco producido será valorizado coma combustible nunha caldeira de policombustible para a xeración de vapor industrial.