Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 19 de agosto de 2020 Páx. 33022

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz

ANUNCIO de exposición pública do expediente de orde de execución para a xestión da biomasa vexetal (expediente 591/2020).

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos, o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Ao non poder determinar a identidade da persoa responsable ou ben porque resultou infrutuosa a notificación, faise pública a resolución de orde de execución subsidiaria para a xestión de biomasa vexetal que esta alcaldía acordou no exercicio das súas atribucións. O interesado dispón dun prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para executar a orde de xestión da biomasa vexetal. Faise advertencia de que, en caso de incumprimento da presente orde de execución, a Administración municipal procederá á execución subsidiaria, de acordo co establecido no artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Recursos: contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer, alternativamente, recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía deste concello, no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo dos dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, conforme o artigo 46 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa.

Se se opta interpoñer o recurso de reposición potestativo, non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

De interpoñerse recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun (1) mes, segundo establece o artigo 124.2 da referida Lei 39/2015, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 126.3 do mesmo texto legal. Entón, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis (6) meses, contado desde o día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido na Lei da xurisdición contencioso-administrativa.

Número de expediente

Titular catastral

Referencia catastral

Lugar

Parroquia

667/2018

Enrique Fernández Boente

36030A080009710000MG

Cavada Nova

Gargamala

244/2020

Rosa María Arjones Iglesias

36030A064005350000MQ

Paradela

Vilar

245/2020

Manuel Iglesias Bugarín

36030A064005390000MF

Paradela

Vilar

247/2020

Manuel Fernández Arjones

36030A053002070000MB

Cavadas

Vilar

402/2020

Marino Melón Abollo

36030A080008690000MB

Cavada

Gargamala

403/2020

Enrique Fernández Boente

36030A080003290000MQ

Cavada

Gargamala

Mondariz, 28 de xullo de 2020

Xosé Emilio Barros Bello
Alcalde