Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 21 de agosto de 2020 Páx. 33411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 4 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a suspensión do expediente sancionador por infracción na orde social número 2020/56.

De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a suspensión da instrución do expediente sancionador por infracción na orde social (materia seguridade e saúde), devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

O expediente relacionado encóntrase á disposición do interesado no Servizo de Emprego e Economía Social da citada Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, planta baixa, das 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: 2020/56 (Acta I2720200000009006).

Data da suspensión do procedemento sancionador: 6 de xullo de 2020.

Empresa: Abrite Integración, S.L.

Enderezo: rúa San Eufrasio, 7 B, 27002 Lugo.

Lugo, 4 de agosto de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo