Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 21 de agosto de 2020 Páx. 33405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Laracha (expediente-e IN407A 2019/219-1).

Expediente-e: IN407A 2019/219-1.

Promotora: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Instalación: reforma da LMT Entrerríos, no lugar da Estrada e Entrerríos.

Concello: A Laracha.

Feitos:

1. O 12 de novembro de 2019 a empresa promotora solicita a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción. Posteriormente, con data 29 de xaneiro de 2020, a dita empresa solicitou a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Acordo de información pública: 9 de marzo de 2020.

– DOG: 3 de abril de 2020.

– BOP: 13 de marzo de 2020.

– Xornal La Voz de Galicia: 14 de marzo de 2020.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do secretario do Concello da Laracha de data 13 de xullo de 2020.

3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, Augas de Galicia-Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e o Concello da Laracha. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado establecido polo organismo afectado de Augas-Zona Hidrográfica Galicia Norte da Coruña. No día de hoxe non consta no expediente resposta do organismo afectado, isto é, o Concello, á solicitude nin á reiteración do condicionado solicitado.

5. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron informe favorable sobre a solicitude de autorización.

Consideracións legais e técnicas:

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

– Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 217, do 14 de novembro).

– Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 18, do 25 de decembro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. Características técnicas:

• LMTA a 20 kV (15 kV servizo) de 978 m e condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no apoio número 11 proxectado, tipo C-12/2000, na LMT Entrerríos-A Laracha (expediente 51.761) e remate no apoio número 17-5 existente, tipo HV-13/1000, onde se sitúa o CT Entrerríos de intemperie (expediente 51.761). Desmontaxe dun treito da LMTA Entrerríos-A Laracha (expediente 51.761), en condutor un de tipo LA-30, cunha lonxitude de 803 metros, así como de 8 apoios de formigón sobre os cales está tendido o treito de liña que se vai desmontar. Substitución do apoio número 17-1 de formigón tipo HV-11/400 por un tipo C-16/3000. Instalación de PA/S no apoio número 10 existente, tipo HV-13/1000 e no número 12 proxectado, tipo C-12/2000. Instalación de seccionador tipo SXS en apoio número 11 proxectado e no número 17-4 existente, tipo HV-11/1000.

• LMTS a 20 kV (15 kV servizo) de 140 m e condutor tipo RHZ1-12/20 kV 3 (1×150 Al), coa orixe no PA/S proxectado no apoio número 10 existente de tipo HV-13/1000 da LMT Entrerríos-A Laracha (expediente 51.761) e remate no apoio número 11 proxectado de tipo C-12/2000, que substitúe o existente de tipo HV-11/250.

3. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume sinaladas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude, coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 6 de agosto de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña