Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 21 de agosto de 2020 Páx. 33401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 5 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2020-062 e sete máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial e pola instrutora.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 5 de agosto de 2020

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Acto adoptado por

CO-RES-2020-062

Ricardo Jiménez Barrul

Acordo de inicio

Xefa territorial

CO-RES-2020-063

Ismael Romero Salazar

Acordo de inicio

Xefa territorial

CO-RES-2020-067

Iordan Costel

Acordo de inicio

Xefa territorial

CO-RES-2020-070

Eladio Ramírez Barrul

Acordo de inicio

Xefa territorial

CCO-RES-2020-075

Alexandru Curt

Acordo de inicio

Xefa territorial

CO-RES-2020-076

Marian Botea

Acordo de inicio

Xefa territorial

CO-RES-2020-077

Constata Curt

Acordo de inicio

Xefa territorial

CO-RES-2019-145

Licesio Acero Fernaández

Proposta de resolución

Instrutora