Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 25 de agosto de 2020 Páx. 33658

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Gallega de la Construcción (Agalco), pola que pasa do ámbito territorial da provincia de Pontevedra ao da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais se acordou depositar a modificación de estatutos da Asociación Gallega de la Construcción (Agalco), pola que pasa do ámbito territorial da provincia de Pontevedra ao da Comunidade Autónoma de Galicia (https://expinterweb.mitramiss.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito funcional: poderán pertencer á asociación todas as empresas que realicen a súa actividade no sector da construción entendida en sentido amplo e incluíndo todos os sectores conexos.

Asinantes: Antonio Heredero e Salvador García.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2020

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego