Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 25 de agosto de 2020 Páx. 33655

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Galega de Áridos (Arigal).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos artigos 25, 26 e 31 dos estatutos da Asociación Galega de Áridos (Arigal).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán pertencer á asociación todas as persoas físicas e xurídicas con traballadores ao seu cargo que se dediquen profesionalmente a esta actividade.

Asinantes: Roberto Almuíña Díaz e José Lista Tasende.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2020

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego