Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 25 de agosto de 2020 Páx. 33683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se concede a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e se declara de utilidade pública, en concreto, o parque eólico Monte Tourado, no concello de Vimianzo (A Coruña), promovido pola sociedade Greenalia Wind Power Monte Tourado, S.L.U. (expediente IN661A 2010/5-1).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Gamesa Energía, S.A., promovido actualmente por Greenalia Wind Power Monte Tourado, S.L.U. en relación coa autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Monte Tourado, constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante a Resolución do 30 de abril de 2010, pola que se publica a relación de solicitudes de outorgamento de autorización administrativa de instalación de parques eólicos para promotores titulares de plans eólicos empresariais ao abeiro da Orde do 20 de xaneiro de 2010, pola que se abre o prazo para a presentación de solicitudes de outorgamento de autorización administrativa de instalación de parques eólicos para promotores titulares de plans eólicos empresariais (DOG núm. 18, do 28 de xaneiro), admitiuse a trámite o parque eólico Monte Tourado (en diante, o parque eólico), promovido por Gamesa Energía, S.A.

Segundo. O 8.10.2010, Gamesa Energía, S.A. e Sistemas Energéticos Edreira, S.A.U. solicitaron a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para o parque eólico Monte Tourado e, asemade, a tramitación do expediente a nome de Sistemas Energéticos Edreira, S.A.U.

Terceiro. O 30.4.2018, Manuel García Pardo, actuando no nome e representación de Greenalia Wind Power Monte Tourado, S.A.U., comunicou a adquisición por parte de Greenalia Power, S.L.U. da mercantil Sistemas Energéticos Edreira, S.A.U., así como o cambio de denominación social desta, que pasou a denominarse Greenalia Wind Power Monte Tourado, S.A.U., do cal achegou, ademais, a correspondente documentación acreditativa.

Cuarto. Pola Resolución do 22 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, autorizouse o cambio de titularidade do parque eólico Monte Tourado, resultante da adquisición da sociedade Sistemas Energéticos Edreira, S.A.U., titular da instalación, por parte de Greenalia Power, S.L.U. e o posterior cambio de denominación desta a Greenalia Wind Power Monte Tourado, S.A.U.

Quinto. O 13.7.2018, Greenalia Wind Power Monte Tourado, S.A.U. actualizou a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción, declaración de utilidade pública, en concreto, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, así como a declaración de interese especial para o parque eólico Monte Tourado, para unha potencia de 10.395 kW.

Sexto. Con data do 6.9.2018, o Consello da Xunta declarou de interese especial o proxecto do parque eólico, consonte a disposición adicional primeira da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Sétimo. O 28.9.2018, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático emitiu o informe a que fai referencia o artigo 33.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Oitavo. O 26.10.2018, a Axencia Estatal de Seguridade Aérea autorizou a instalación do parque eólico, establecendo o correspondente condicionado.

Noveno. O 31.10.2018, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, o informe a que fai referencia o artigo 33.5 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Décimo. Polo Acordo do 23 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (en diante, a xefatura territorial), someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Monte Tourado.

O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia do 29.11.2018 e no xornal La Voz de Galicia do 30.11.2018. Así mesmo, permaneceu exposto ao público nos taboleiros de anuncios do concello afectado (Vimianzo), da xefatura territorial e da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Coruña, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

Durante o período de información pública non se presentaron alegacións.

Décimo primeiro. O 7.12.2018 e o 10.12.2018, a xefatura territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Red Eléctrica de España, S.A.U., Cellnex Telecom, S.A., Retegal, S.A., Concello de Vimianzo, Axencia Galega de Infraestruturas, Deputación da Coruña e Augas de Galicia.

Décimo segundo. O 13.12.2018, a Deputación da Coruña emitiu o correspondente condicionado técnico. O 4.1.2019, o promotor manifestou a súa conformidade e aceptación do contido.

Décimo terceiro. O 21.12.2018, a Axencia Galega de Infraestruturas emitiu informe desfavorable sobre o proxecto, por requirir maior definición na documentación trasladada para o efecto. Con data do 25.1.2019, o promotor achegou a documentación solicitada. O 7.2.2019, a Axencia Galega de Infraestruturas emitiu o correspondente condicionado sobre a nova separata. O 25.2.2019, o promotor aceptou o contido do dito informe.

Décimo cuarto. O 2.1.2019, Red Eléctrica de España emitiu informe en que estableceu posibles afeccións sobre liñas eléctricas. Con data do 12.2.2019, o promotor achegou a súa resposta achegando documentación.

Décimo quinto. O 11.1.2019, o Concello de Vimianzo emitiu o correspondente condicionado. O 21.1.2019, o promotor manifestou a súa conformidade.

Decimo sexto. O 28.1.2019, Augas de Galicia emitiu o correspondente condicionado. O 12.2.2019, o promotor manifestou a súa conformidade.

Décimo sétimo. O 7.2.2019, o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña informou sobre a ausencia de dereitos mineiros con vixencia dentro da área de afección do parque eólico.

Décimo oitavo. O 8.2.2019, Retegal S.A. emitiu o correspondente condicionado, establecendo a necesidade de compromiso por parte da promotora de adoptar cantas medidas sexan necesarias para emendar as posibles obstrucións e o restablecemento da calidade dos sinais de TDT. O 14.3.2019, o promotor manifestou a aceptación do contido do dito informe.

Décimo noveno. O 11.2.2019, o Servizo de Montes da Coruña informou que, na execución do proxecto, o monte veciñal en man común Cabral ou Baíñas se vería afectado pola construción dunha gabia para o transporte soterrado da enerxía eléctrica. Aínda que non se trata dunha afección de envergadura, respecto a esta obra de infraestrutura será necesario chegar ao acordo que legalmente proceda coa comunidade propietaria do monte. Con data do 10.8.2020, a promotora presentou o acordo elevado a público coa comunidade de montes veciñais en man común Cabral de Baiñas e Val.

Vixésimo. O 21.2.2019, Cellnex Telecom, S.A. emitiu o correspondente condicionado, en que comunica que non desexa manter ningunha oposición ao proxecto e solicita que se lle comunique calquera modificación deste para avaliar as posibles afeccións. O 7.3.2019, o promotor manifestou a súa conformidade.

Vixésimo primeiro. O 13.5.2019, Red Eléctrica de España emitiu o correspondente condicionado sobre a resposta do promotor e non se opuxo ao proxecto. O 12.6.2019, o promotor manifestou a súa conformidade

Vixésimo segundo. O 3.7.2019 o promotor achega nova separata para a Deputación polo cambio no vieiro de nova execución como consecuencia do condicionado emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural no seu informe do 28.1.2019. O 10.9.2019, a Deputación da Coruña emitiu o correspondente condicionado sobre a nova separata. O 24.9.2019, o promotor manifestou a súa conformidade.

Vixésimo terceiro. O 19.8.2019, o promotor achegou documentación ambiental complementaria, Addenda ao estudo de impacto ambiental, e o 18.10.2019 documentación técnica actualizada do proxecto de execución, proxecto sectorial e relación de bens e dereitos afectados, en que incluía a alternativa das vías de acceso co informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 26.3.2019.

Vixésimo cuarto. O 22.11.2019, a xefatura territorial notificou ás persoas interesadas as modificacións introducidas na relación de bens e dereitos afectados polo proxecto.

Vixésimo quinto. O 7.2.2020, a Xefatura Territorial da Coruña, en vista da documentación presentada polo promotor, informou que esta cumpre cos requisitos regulamentarios e que se pode continuar cos trámites previstos na Lei 8/2009 para a autorización administrativa. No mesmo informe a xefatura territorial indica que durante o período que o proxecto se someteu a información pública non se presentaron alegacións.

Vixésimo sexto. Mediante a Resolución do 19 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, autorizouse a transmisión de titularidade do parque eólico Monte Tourado, resultante do cambio de denominación social de Greenalia Wind Power Monte Tourado, S.A.U. a sociedade limitada unipersoal.

Vixésimo sétimo. O 10.3.2020, o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña emitiu un informe actualizado sobre os dereitos mineiros dentro da área de afección do parque eólico, indicando de novo a ausencia de dereitos mineiros con vixencia dentro da poligonal de afección do parque eólico.

Vixésimo oitavo. O 18.5.2020, o promotor achega o informe sobre o dereito de superficie do 6.4.2020 da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Medio Rural, no cal informa que o MVMC Cabral ou Baíñas non está xestionado pola administración forestal da Xunta de Galicia, polo que non precisa da autorización expresa desta e a constitución do dereito de superficie formalizarase en escritura pública, que deberá inscribirse no Rexistro da Propiedade.

Vixésimo noveno. O 21.7.2020, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que fixo pública mediante anuncio do 21 de xullo de 2020 (DOG núm. 157, do 6 de agosto).

Trixésimo. O 5.8.2020, o promotor achegou a relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico, actualizada cos acordos acadados e cos bens e dereitos de necesaria expropiación. O 11.8.2020 e o 12.8.2020, o promotor completou a dita documentación, incluíndo unha declaración responsable en que fai constar que antes do inicio das obras obterá as autorizacións pertinentes no Concello de Vimianzo en relación cos predios da súa propiedade.

Trixésimo primeiro. O parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede de transporte para a potencia obxecto desta autorización, de acordo co informe do xestor da dita rede.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e no artigo 34.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. A continuación recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a respecto da declaración de impacto ambiental (DIA) das instalacións do parque eólico Monte Tourado, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 21.7.2020, e recollida no feito vixésimo noveno desta resolución:

a) No punto 6 da DIA recóllese a proposta de resolución, que literalmente di: «Logo de finalizar a análise técnica do expediente de avaliación de impacto ambiental, proponse formular a declaración de impacto ambiental do proxecto concluíndo que, nos termos recollidos ao longo deste documento, o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo desta DIA».

b) A DIA que nos ocupa refírese ás instalacións parque eólico Monte Tourado.

Nos puntos 4 e 5 da DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:

4.2.1. Protección da atmosfera.

4.2.2. Protección das augas e leitos fluviais.

4.2.3. Protección do solo e infraestruturas.

4.2.4. Xestión de residuos.

4.2.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

4.2.6. Integración paisaxística e restauración.

4.3. Outras condicións

5. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

De acordo con todo o que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a autorización administrativa previa ás instalacións do parque eólico Monte Tourado, situado no concello de Vimianzo (A Coruña) e promovido pola sociedade Greenalia Wind Power Monte Tourado, S.L.U., cunha potencia de 10,395 MW.

Segundo. Outorgar a autorización administrativa de construción ao proxecto de execución das instalacións do parque eólico Monte Tourado, composto polo documento Proxecto de execución do parque eólico Monte Tourado. Vimianzo (A Coruña). Outubro 2019, asinado dixitalmente o 17.10.2019 polo enxeñeiro industrial Jorge Núñez Ares, colexiado nº 1102 do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia e con número de visado 20192798.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Greenalia Wind Power Monte Tourado, S.L.U.

Domicilio social: praza María Pita nº 10, 1º. 15001 A Coruña.

Denominación: parque eólico Monte Tourado.

Concello afectado: Vimianzo (A Coruña).

Potencia instalada: 10,395 MW.

Produción neta anual estimada: 36,688 GWh.

Horas anuais equivalentes: 3.529 horas.

Orzamento de execución material (sen IVE): 8.737.814,80 euros.

– Coordenadas dos vértices da poligonal do parque eólico:

Vértice poligonal

Parque eólico Monte Tourado (Vimianzo)

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

a

498.025

4.767.175

b

499.040

4.767.175

c

499.040

4.765.815

d

495.985

4.762.630

e

495.672

4.762.630

f

495.672

4.764.870

– Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Parque eólico Monte Tourado (Vimianzo)

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

AE 1

498.416

4.766.674

AE 2

498.536

4.766.374

AE 3

498.538

4.766.014

– A posición da subestación e do edificio de control en coordenadas UTM é a seguinte:

Centro de seccionamento

Parque eólico Monte Tourado (Vimianzo)

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

CS Alto da Croa II

495.900

4.762.835

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

– 3 aeroxeradores Gamesa G-132 de 3.465 kW de potencia nominal unitaria, altura de buxa de 84 m e diámetro de rotor de 132 m, cos seus correspondentes centros de transformación montados en góndola con potencia unitaria de 3.700 kVA de relación de transformación de 0,690/30 kV, montados sobre fuste tubular metálico.

– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e o centro seccionamento/control do parque eólico Alto da Croa II (expediente IN661A 2010/4-1), composta por un circuíto con condutores tipo HEPRZ1 18/30 kV Al+H16/25 1x(3x 240) e 1×(3×95) mm² nos correspondentes tramos.

– Rede de terras xeral, de xeito que as instalacións forman un conxunto equipotencial. A rede de terras dos aeroxeradores será con condutor Cu-50 mm².

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico Monte Tourado, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Greenalia Wind Power Monte Tourado, S.L.U. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, en 65.331 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. Para a inscrición da instalación no Rexistro autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), o promotor efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

4. De conformidade coa disposición transitoria cuarta, punto 3, da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, o promotor disporá dun prazo de tres anos, contado desde a notificación da autorización administrativa de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións, nos termos establecidos no punto 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

5. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica que lle resulten de aplicación.

6. O promotor deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 21.7.2020, así como as establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.

7. Previamente ao inicio das obras, o promotor deberá presentar ante esta dirección xeral un estudo ambiental de sinerxías que inclúa as infraestruturas de evacuación, así como as posibles afeccións a infraestruturas próximas.

8. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.

9. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións o promotor deberá presentar, ante a xefatura territorial, un certificado de final de obra subscrito por técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución aprobado, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Así mesmo, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Enerxía e Minas un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico.

10. No caso de que se manifestasen perturbacións na recepción do sinal de televisión, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Greenalia Wind Power Monte Tourado, S.L.U. deberá adoptar as medidas necesarias para devolverlle á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

11. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderá dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

12. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

13. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia da Coruña, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico Monte Tourado

Cód.

Parcela

Propietario

Afeccións (m²)

Part.

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Nome

Pleno dominio

Serv. de paso

Ocup. temp.

Serv.
de voo

Pol.

Parc.

Cim.

Plat.

Vía

Gabia

Concello de Vimianzo

22

1

50

66

Prado Costa Santiago

Prados ou pradeiras/piñeiral madeireiro

Hdros. de María Josefa Rodríguez Pérez

 

 

378

133

 

 

33

1

50

324

Pedra Raposo

Piñeiral madeireiro/matogueira/pasteiros

Hdros. de Manuel Arias Hermida

107

120

 

6

 

486

41

1

50

318

Pedra Raposo

Matogueira/pasteiros

Hdros. de Claudino Trillo Canosa
Rpte.: José Trillo Nieto

 

 

10

5

 

9

45

1

50

314

Pedra Raposo

Matogueira/pasteiros

Hdros. de Carmen Fidalgo Calo
Rpte.: Roberto Mourelle Fidalgo

 

 

19

9

 

 

48

1

50

214

Costa de Atras

Matogueira

Hdros. de José Canosa Carlín

 

 

20

 

 

 

51

1

50

309

Pedra Raposo

Piñeiral madeireiro/matogueira/pasteiros

Hdros. de Manuel Pérez Arias

 

 

90

56

 

 

52

1/2
1/2

50

215

Costa de Atrás

Matogueira/pasteiros

Muíño Ramos, Miguel
Muíño Ramos, Víctor

 

 

56

 

 

 

53

1

50

308

Pedra Longa

Prados ou pradeiras/pasteiros

Hdros. de María Josefa Rodríguez Pérez

 

 

92

57

 

 

59

1/2
1/2

50

304

Pedra Longa

Piñeiral madeireiro/matogueira

Trillo Nieto, José
Trillo Caamaño, José

 

 

 

5

 

 

62

1

50

301

Pedra Longa

Piñeiral madeireiro/matogueira

Hdros. de María Josefa Rodríguez Pérez

 

 

2

11

 

 

72

1

50

637

Costa de Diante

Matogueira

Hdros. de José Canosa Carlín

 

 

142

135

 

 

75

1

50

636

Costa de Diante

Matogueira

Hdros. de José Canosa Carlín

 

 

196

 

 

 

76

1

50

223

Costa de Diante

Matogueira

Hdros. de José Canosa Carlín

 

 

218

38

 

 

77

1/2
1/2

50

224

Costa de Diante

Matogueira

Muíño Ramos, Miguel
Muíño Ramos, Víctor

 

 

321

76

 

 

78

1

50

225

Tras Campo Redondo

Matogueira

Hdros. de José Canosa Carlín

 

 

237

54

 

 

82

1

50

229

Tras Campo Redondo

Piñeiral madeireiro

Ramos Trillo, Carmen

 

 

281

52

 

 

83

1/2
1/2

50

230

Tras Campo Redondo

Piñeiral madeireiro

Muíño Ramos, Miguel
Muíño Ramos, Víctor

 

 

280

63

 

 

90

1

50

191

Fonte Tiñosa

Piñeiral madeireiro

Hdros. de José Canosa Carlín

 

 

103

 

 

 

92

1

50

39

Fonte Tiñosa

Matogueira

Hdros. de José Canosa Carlín

 

 

152

20

 

 

96

1

50

385

Braña do Prado

Matogueira

Hdros. de José Canosa Carlín

 

 

891

905

 

 

97

1

50

148

Fonte Tiñosa Arriba

Matogueira

Iglesias Oreiro, José Antonio

 

 

135

 

 

 

104

1

50

401

Pedreira

Matogueira/pasteiros

Hdros. de María Lema Gerpe
Rpte.: Dorinda Trigo Lema

 

 

330

144

 

 

125

1

50

372

Pedreira

Eucaliptus

Hdros. Antonio Agra Durán

 

 

70

25

 

 

149

1

47

415

As Lagoas

Matogueira

Hdros. Teresa Balbina Lires Capelo

 

 

 

161

 

 

151

1

47

996

As Lagoas

Prados ou pradeiras/piñeiral madeireiro

Hdros. de Esperanza Lires Pérez

 

 

 

1

 

 

161

1

46

650

Rego Covo

Piñeiral madeireiro/eucaliptus

Rodríguez Trillo, Ramiro

 

 

 

14

 

 

162

1

46

695

Rego Covo

Matogueira/
piñeiral madeireiro

Rodríguez Trillo, Daniel

 

 

 

256

 

 

163

1

46

696

Rego Covo

Matogueira

Hdros. de José Eirís Gesto
Rpte.: Javier Eirís Rodríguez

 

 

 

72

 

 

164

1

46

697

Rego Covo

Cemiterio

Colectivo Cemiterio Baíñas
Rpte.: Ángel Lage

 

 

 

192

 

 

172

1

47

36

Prado de Arriba

Matogueira

Pérez Caamaño, Antonio

 

 

 

65

 

 

174

1

47

32

Prado de Arriba

Matogueira

Trillo Rodríguez, Jacobo

 

 

 

64

 

 

175

1

47

30

Prado de Arriba

Eucaliptus

Freire Mourelle, Mercedes

 

 

 

271

 

 

176

1

47

10

As Seixas

Matogueira

Hdros. de José Trillo López

 

 

 

614

 

 

177

1

47

9

As Seixas

Piñeiral madeireiro

Rodríguez Trillo, Florinda

 

 

 

68

 

 

178

1

47

8

As Seixas

Piñeiral madeireiro

Trillo Rodríguez, Crescencia

 

 

 

66

 

 

181

1

47

5

As Seixas

Piñeiral madeireiro

Hdros. de María Josefa Rodríguez Pérez

 

 

 

43

 

 

189

1

47

923

Monte do Castro

Matogueira

Descoñecido (Fiscalía Provincial da Coruña)

 

 

 

72

 

 

190

1

47

925

Monte do Castro

Matogueira

Oreiro Canosa, Carmen

 

 

 

67

 

 

192

1

47

256

Monte do Castro

Matogueira

Canosa Pérez, Ramona

 

 

 

13

 

 

193

1

47

258

Monte do Castro

Matogueira

Oreiro Pérez, Dolores

 

 

 

18

 

 

194

1

47

260

Monte do Castro

Matogueira

Fernández Trillo, Andrés

 

 

 

51

 

 

196

1

47

264

Monte do Castro

Matogueira

Arias Canosa, Clara

 

 

 

76

 

 

206

1

47

274

Monte do Castro

Matogueira

Descoñecido (Fiscalía Provincial da Coruña)

 

 

 

74

 

 

210

1

47

300

Castro

Piñeiral madeireiro

Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural e do Mar

 

 

 

73

 

 

214

1

47

312

Castro

Piñeiral madeireiro

Descoñecido (Fiscalía Provincial da Coruña)

 

 

 

28

 

 

221

1

47

997

Lagoas

Prado

Hdros. de Esperanza Lires Pérez

 

 

 

61

 

 

Afeccións en metros cadrados (m²):

• Pleno dominio-superficie de expropiación dos terreos afectados.

Zapata (Cim.), plataforma (Plat.).

• Servidume de paso (Serv. de paso):

Vías: servidume de paso das vías polas que circularán os transportes durante a construción do parque, así como durante a súa etapa de mantemento.

Gabia (sistema colector): servidume de paso da liña eléctrica soterrada.

• Ocupación temporal (Ocup. temporal)-ocupación dos terreos necesaria durante a execución das infraestruturas proxectadas.

• Servidume de voo das pas dos aeroxeradores (Serv. de voo).