Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 25 de agosto de 2020 Páx. 33714

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2020 pola que se autoriza unha permuta de puntos de fondeadura entre os viveiros de cultivos mariños Pescador e Amparo.

Visto o expediente instruído para os efectos de outorgamento de autorización para a permuta de puntos de fondeadura entre as bateas Pescador e Amparo, apreciáronse os seguintes:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 22 de xullo de 2020, Raúl Castro Paz (***6273**) e José Luis Iglesias García (***5317**) solicitaron autorización para a permuta de puntos de fondeadura entre as bateas denominadas Pescador e Amparo.

Segundo. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación neste tipo de procedementos.

Terceiro. No expediente consta o informe técnico preceptivo.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 18 de abril de 2001 pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadura e os cambios de sistema, localización e cultivo nas bateas de cultivos mariños.

Vistos os antecedentes citados, e de acordo coas consideracións legais e técnicas, esta consellería resolve outorgar a Raúl Castro Paz (***6273**) e José Luis Iglesias García (***5317**) autorización para a permuta de puntos de fondeadura entre as bateas que se indican:

Subtipo: batea.

Nome: Pescador.

Especie: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 6.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Titular: Raúl Castro Paz (***6273**).

Subtipo: batea.

Nome: Amparo.

Especie: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 92.

Polígono: C.

Distrito: Cambados.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Titular: José Luis Iglesias García (***5317**).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Como consecuencia da permuta modifícanse as localizacións dos títulos habilitantes, que quedan como se indica:

Subtipo: batea.

Nome: Pescador.

Localización: cuadrícula nº 92.

Polígono: C.

Distrito: Cambados.

Subtipo: batea.

Nome: Amparo.

Localización: cuadrícula nº 6.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa.

Segunda. As bateas afectadas deberán adaptarse ás condicións dos polígonos de destino.

Terceira. A permuta realizarase no prazo máximo de tres (3) meses contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución. Rematado o prazo indicado para a realización da permuta sen que esta se levase a cabo, a autorización quedará sen efecto.

Cuarta. As bateas contarán coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia para o traslado á nova localización.

Quinta. As datas de fondeadura deberán ser comunicadas con antelación suficiente, mediante escrito dirixido á xefatura correspondente desta consellería en Vilagarcía de Arousa, para os efectos de que se realicen baixo a supervisión e o control de persoal técnico do Servizo de Busca, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 31 de xullo de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo