Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 26 de agosto de 2020 Páx. 33933

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de funcionarios de carreira.

A concellería delegada do Servizo de Persoal e Cultura mediante Resolución do 14 de xullo de 2020 nomeou, funcionarios de carreira deste concello a:

– José Carlos Souto González, con DNI ***9350**, para ocupar unha praza de técnico en conservación e mantemento de semáforos da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo quenda de promoción interna, da OEP de 2017.

– Antonio Dopazo Sobreira, con DNI ***9582**, para ocupar unha praza de mestre electricista da escala Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna, da OEP de 2017.

– Ernesto Pereira Ferrer, con DNI ***9684**, para ocupar unha praza de oficial electricista da escala Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna, da OEP de 2017.

– Manuel Sanmartín Ruibal, con DNI ***5213**, para ocupar unha praza de oficial electricista da escala Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna, da OEP de 2017.

Os ditos nomeamentos efectuáronse segundo propostas dos tribunais cualificadores, aos cales se lles da publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as ditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, poderá interpoñerse polos interesados ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, o interesado tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue procedente conforme a dereito.

Pontevedra, 21 de xullo de 2020

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura