Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 26 de agosto de 2020 Páx. 33928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

ANUNCIO do 7 de agosto de 2020 polo que se fai pública a resolución da concesión dunha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.

Mediante a Resolución do 23 de decembro de 2019 (DOG núm. 29, do 12 de febreiro de 2020) convocouse unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.

En cumprimento do establecido na base décimo segunda da dita Resolución do 23 de decembro de 2019, a comisión de avaliación examinou e valorou os méritos e realizou a entrevista ás persoas candidatas.

De acordo co exposto e coa obriga de publicidade recollida na base décimo terceira da Resolución do 23 de decembro de 2019, faise pública a Resolución da directora da EGAP do 6 de agosto de 2020 pola que se concede unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo que literalmente di:

«En vista de todo o que antecede e da proposta do secretario xeral da EGAP

RESOLVO:

1. Adxudicar a bolsa de referencia a Verónica Piñeiro Soliño NIF **4885**J por ser a candidata a que lle corresponde por orde de puntuación. As actividades de formación iniciaranse desde a data da súa incorporación na EGAP e rematarán o 31 de decembro de 2020.

2. Recordarlle á beneficiaria que, de acordo co disposto pola base décimo cuarta da convocatoria, unha vez recibida a notificación desta resolución de concesión da bolsa, disporá dun prazo de dez (10) días para comunicar á EGAP a súa aceptación ou renuncia á bolsa. Transcorrido este prazo sen que se producise manifestación expresa pola súa parte, entenderase tacitamente aceptada, segundo o establecido no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Recordarlle á beneficiaria que, de acordo co disposto pola base décimo cuarta da convocatoria, no prazo de cinco días contados desde a aceptación expresa da bolsa ou do transcurso do prazo para entendela tacitamente aceptada, deberá incorporarse ao desempeño da bolsa na EGAP. No caso de que a beneficiaria non se incorporase neste prazo, ou que renunciase expresamente, perderá os dereitos inherentes á bolsa.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a directora da EGAP no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Asemade, cabe a interposición directa dun recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo que resulten competentes, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da antedita notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.a) e 14 e 46.1, respectivamente, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2020

A directora da Escola Galega de Administración Pública
P.D. (Resolución do 17.12.2007; DOG núm. 3, do 2.1.2008)
Sergio Domingo Baamonde Boquete
Secretario xeral da Escola Galega de Administración Pública