Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 28 de agosto de 2020 Páx. 34467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 12 de agosto de 2020, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a incoación do 17 de xullo de 2020, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-047/20, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Juan Luís Martínez Sieira, podendo os interesados promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

A resolución do presente procedemento por infracción leve correspóndelle á xefa da Área Provincial da Coruña da Axencia Turismo de Galicia, de acordo co establecido no artigo 26 dos estatutos da devandita axencia, respecto do artigo 4 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a citada axencia e se aproban os seus estatutos (DOG nº 193, do 9 de outubro) e respecto do artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución do presente procedemento sancionador deberá notificarse no prazo dun ano desde a data deste acordo.

Os interesados dispoñerán dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 82.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para achegar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a el, cantas alegacións, documentos ou informacións estimen convenientes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretenda valerse, coa advertencia de que de non formular alegacións no prazo sinalado, este acordo considerarase como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 64.1 da dita lei.

De conformidade co establecido no artigo 85.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, infórmase a persoa imputada de que a sanción sinalada no acordo de incoación poderá ser obxecto das seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución) ou o 40 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade e, ademais, pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).

A Coruña, 12 de agosto de 2020

A xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
P.S. (Resolución do 6.5.2020)
Severino Álvarez Monteserín
Jefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-047/20.

Titular: Explotación Hotelera Calle Real, S.L.

Establecemento: Real.

Domicilio: Rúa Real, 63.

Localidade: A Coruña.

Precepto infrinxido: artigo 109.2, alínea b), da Lei 7/2011.

Incoación: 17 de xullo de 2020.

Sanción:

– Multa de cen euros (100 €).

– Importe da multa coa aplicación do 20 % de desconto: oitenta euros (80 €).

– Importe da multa coa aplicación do 40 % de desconto: sesenta euros (60 €).