Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 28 de agosto de 2020 Páx. 34446

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2020 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea P II.

Visto o expediente instruido para os efectos de transmisión da concesión administrativa e da batea P II, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito de data 18 de xuño de 2020, Juan Carlos Muñiz López solicitou autorización para a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea P II.

Segundo. O informe da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica sobre a tramitación do expediente é favorable.

b) Consideración legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde de 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Por todo o anterior resolvo:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Juan Carlos Muñiz López (***8717**), da concesión da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: P II.

Situación:

Cuadrícula nº: 10.

Polígono: C.

Distrito: Ribeira (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 17.11.1953.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: María del Pilar Muñiz Lampón (***0656**).

Novo titular: Juan Carlos Muñiz López (***8717**).

O novo titular subrógase nos dereitos e obrigas da anterior.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous (2) meses de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e do artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 7 de agosto de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Xefe territorial da Coruña
Por delegación de sinatura (Resolución do 25.11.2019)
Beatriz Alonso de la Iglesia
Xefa do Servizo de Competitividade e Innovación Tecnolóxica