Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 31 de agosto de 2020 Páx. 34600

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (DSP 1017/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento DSP 1017/2019, seguido por instancia de Gabryelle Farias Nascimento contra Macchiatto Galicia, S.L., con intervención do Fogasa e do Ministerio Fiscal, sobre despedimento disciplinario nulo, se ditou a Sentenza número 266/2020, do 5 de agosto, en que se estima a demanda e contra a cal cabe interpoñer recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco (5) días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Macchiatto Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza