Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 1 de setembro de 2020 Páx. 34854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ANUNCIO do 27 de xullo de 2020 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de estabilización da praia da Pescadoira en Bueu e a análise ambiental do proxecto de estudo sobre o basculamento e proposta de actuación na praia da Pescadoira no porto de Bueu, situada no concello de Bueu, promovido pola entidade pública empresarial Portos de Galicia, dependente da Consellería do Mar (expediente 29/2020/Proxectos).

De conformidade co artigo 134 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (BOE núm. 257, do 26 de outubro), sométese ao trámite de información pública o proxecto de construción de estabilización da praia da Pescadoira en Bueu e a análise ambiental do proxecto do estudo sobre o basculamento e proposta de actuación na praia da Pescadoira no porto de Bueu.

Durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación estará dispoñible ao público para a súa consulta nos servizos centrais da entidade pública empresarial Portos de Galicia (praza de Europa, 5 A, 6º, Área Central, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela) e na Zona Sur de Portos de Galicia (rúa Víctor Said Armesto, 11º, 36002 Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ademais, poderán acceder a este expediente na páxina web de Portos de Galicia:

http://www.portosdegalicia.gal/es/web/portos-de-galicia/procesos_informacion_publica

Durante o prazo indicado poderán formular as alegacións, suxestións ou observacións que xulguen oportunas ante este órgano administrativo, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia