Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 1 de setembro de 2020 Páx. 34833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 14 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2020047AM-OU, por infraccións en materia sanitaria.

O 9 de xullo de 2020, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2020047AM-OU incoado ao titular do NIF 76727418Q, con enderezo na rúa Erbedelo, 34, local 62, 32002 Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle ao titular do NIF 76727418Q, con enderezo na rúa Erbedelo, 34, local 62, 32002 Ourense, o contido do dito acordo de inicio, que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, segundo o disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 14 de agosto de 2020

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2020047AM-OU.

DNI/NIF/CIF: 76727418Q.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa Erbedelo, 34, local 62, 32002 Ourense.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: Decreto 13/2004, do 15 de xaneiro.

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: tres mil sete euros (3.007 €).