Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 1 de setembro de 2020 Páx. 34803

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado pola Orde do 22 de maio de 2018, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio.

Este tribunal acordou que o terceiro exercicio da oposición terá lugar o 15 de outubro de 2020, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas, nas aulas 7 e 11 da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid, 2-4 (polígono das Fontiñas) de Santiago de Compostela, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de cor negra ou azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2020

Marcos Barreiro González
Presidente do tribunal