Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 1 de setembro de 2020 Páx. 34815

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 17 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se notifica a resolución de baixa das autorizacións como xestor de almacenamento e valorización de residuos non perigosos da empresa Limpiezas Secope, S.A. (expediente 2019-SC-M-00204 e tres máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación do acto administrativo que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, notifícaselle ao titular que se sinala no anexo deste anuncio a resolución de baixa das autorizacións.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Residuos, sitas no edificio administrativo, rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencer o prazo indicado para comparecer.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expedientes: 2019-SC-M-00204, 2019-SC-M-00205, 2019-SC-M-00206 e 2019-SC-M-00207.

Titular: Limpiezas Secope, S.A.

NIF: A15112634.

Acto notificado: resolución de baixa de autorizacións.

Data do acto administrativo: 10.7.2020.