Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 11/2020 deste xulgado do social, se ditou resolución da cal os interesados poderán ter coñecemento íntegro na oficina xudicial e cuxos datos se fan constar a continuación:
Resolución: auto do 10 de agosto de 2020.
Recurso e prazo: non cabe recurso.
Empresa a quen se notifica: Oscar Pérez López, S.L.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
E para que sirva de notificación en legal forma a Oscar Pérez López, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa inserción en taboleiro de anuncios deste xulgado.
Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2020
A letrada da Administración de xustiza