Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 2 de setembro de 2020 Páx. 34912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 11 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos BS626F e BS618D.

De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do disposto nos seus artigos 44 e 46, e no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, notifícanse mediante este edicto as resolucións dos recursos de alzada presentados polas persoas interesadas relacionadas nos anexos, ao seren devoltas polo servizo de Correos, toda vez que se intentou a notificación e non se puido efectuar por causas non imputables á Administración.

No prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da data desta publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas interesadas citadas nos anexos ou os seus representantes debidamente acreditados poderán comparecer na Xefatura Territorial de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, avenida Salvador de Madariaga, 9, 1º, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñeceren o texto íntegro da resolución e o resto do expediente, advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificados ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o órgano xudicial competente no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 11 de agosto de 2020

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
María Sóñora Ferreirós
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO I

Procedemento BS626F

Interesado/a (DNI/NIE/pasaporte)

Nº expediente

Resolución: data

X2780022N

BS626F15017003517

Desestimación: 10.12.2019

32723121D

BS626F15036022417

Desestimación: 30.10.2019

326315007G

BS626F15054002017

Inadmisión: 24.10.2019

35471147H

BS626F15902000319

Desestimación: 4.11.2019

ANEXO II

Procedemento BS618D

Interesado/a (DNI/NIE/pasaporte)

Nº expediente

Resolución: data

32816700R

BS618D15005000319

Estimación parcial con retroacción: 18.12.2019