Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 2 de setembro de 2020 Páx. 34874

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2020 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir oito prazas na escala técnica superior de administración.

Mediante a Resolución reitoral do 1 de outubro de 2019 (DOG do 14 de outubro e BOE do 25 de novembro), convocáronse probas selectivas para cubrir oito prazas na escala técnica superior de administración da USC, subgrupo A1, catro pola quenda de promoción interna e catro pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 17 de decembro de 2019 (DOG do 9 de xaneiro de 2020), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, fixándose un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.5 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas que non están exentas deste exercicio para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega), o día 30 de outubro de 2020, ás 16.30 horas, na Aula Luisa Cuesta da Biblioteca Concepción Arenal, Campus Vida (rúa dos Feáns, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios efectuarase polo tribunal, nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela