Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 2 de setembro de 2020 Páx. 34879

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (PO 507/2017).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 507/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Hernán Tirado Peralta contra Cafetería Blanster, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou Resolución do 21 de xullo de 2020, contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco (5) días, facéndolles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cafetería Blanster, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 11 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza