Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 2 de setembro de 2020 Páx. 34925

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de convocatoria para a provisión de postos de traballo por concurso ordinario C.E. 1/19.

Nos boletíns oficiais da provincia da Coruña número 107, do 7 de xuño de 2019, número 96, do 29 de xuño de 2020, e no número 107, do 14 de xullo de 2020, publicáronse as bases aprobadas por Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 24 de abril de 2019 e as súas respectivas correccións, relativas á seguinte convocatoria:

– Convocatoria para a provisión de postos de traballo por concurso ordinario no Concello da Coruña, C.E. 1/19.

O prazo de presentación de instancias para participar nesta convocatoria será de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de agosto de 2020

A Xunta de Goberno Lcal
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior