Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 2 de setembro de 2020 Páx. 34922

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boborás

ANUNCIO do Pleno do Concello polo que se aproba inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a instalación dun centro termal e espazos libres.

Por Acordo de Pleno do Concello de Boborás do 14 de agosto de 2020 aprobouse inicialmente o seguinte plan especial sometido a avaliación ambiental estratéxica simplificada:

Tipo de instrumento:

Plan especial.

Instrumento que desenvolve:

Plan especial de infraestruturas e dotacións para a instalación dun centro termal e espazos libres.

Ámbito:

O terreo onde se asenta o lugar escollido para a localización da zona dotacional que vai desenvolver este plan especial está situado no concello de Boborás, na comarca do Carballiño.

Obxecto:

O obxecto do presente plan especial de infraestruturas e dotacións é fundamentar dsede a perspectiva da lexislación urbanística, a actuación proxectada: un centro termal, espazos libres e instalacións complementarias, que se configura como unha das propostas de reactivación socioeconómica mais salientables establecidas na planificación estratéxica do Concello de Boborás. Para os efectos da súa caracterización dotacional, pódese determinar que o centro termal e as instalacións complementarias son instalacións cualificadas como dotación, para o conxunto da poboación do termo municipal.

Cualificación do solo:

Solo rústico de especial protección de augas.

De conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do seu regulamento, sométese a información pública por prazo de dous meses, contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello [https://boboras.sedelectronica.es/].

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Se transcorrido o devandito prazo non se presentaron alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación provisional, se procede.

Boborás, 14 de agosto de 2020

Ana Patricia Torres Madureira
Alcaldesa