Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 3 de setembro de 2020 Páx. 35045

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 26 de agosto de 2020 pola que se resolve o concurso de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no Colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (Reino Unido).

Mediante a Orde do 11 de xuño de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 122, do 22 de xuño) convocouse concurso de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no Colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (Reino Unido).

En aplicación do establecido no artigo 4.5 da Orde do 11 xuño de 2020,

DISPOÑO:

Primeiro. Adxudicarlle a praza convocada a José Andrés Temprano Ferreiro, con DNI ***9334**.

Segundo. De conformidade co establecido no artigo 6.2 da orde de convocatoria, a persoa seleccionada será nomeada en comisión de servizos para o curso académico 2020/21, polo que se deberá incorporar con data do 1 de setembro de 2020 e cesar no seu destino de procedencia o 31 de agosto dese ano.

Terceiro. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses, perante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2020

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional