En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación dos adxudicatarios e o importe das axudas.
Obxecto da axuda: a finalidade da axuda é a realización de actividades que teñan por obxecto a descrición de fondos documentais dos arquivos galegos segundo a metodoloxía arquivística.
Norma reguladora: Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT130A) (Diario Oficial de Galicia núm. 31, do 14 de febreiro).
Crédito orzamentario: 110.000 € (cento dez mil euros) recollido na aplicación orzamentaria 11.20.432A.760.0 e 35.000 € (trinta e cinco mil euros) na aplicación orzamentaria 11.20.432A.781.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.
Beneficiarios: os beneficiarios e o importe das axudas figuran no anexo a esta resolución.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun (1) mes contado a partir da data de notificación desta aos interesados ou recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a data de notificación.
Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2020
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo
ANEXO I
11.20.432A.760.1 Concellos:
Adxudicatarios
| Exp. | Solicitante | Contía proxecto | Contía axuda | Puntos | 
| 2020/28 | Castrelo de Miño | 9.075,00 € | 5.959,50 € | 11,03 | 
| 2020/9 | Cervantes | 7.700,00 € | 6.000,00 € | 10,66 | 
| 2020/17 | Guitiriz | 18.000,00 € | 6.000,00 € | 10,00 | 
| 2020/29 | Mañón | 8.494,10 € | 6.000,00 € | 9,88 | 
| 2020/15 | Xunqueira de Espadanedo | 7.700,00 € | 6.000,00 € | 9,66 | 
| 2020/18 | A Baña | 7.700,00 € | 6.000,00 € | 9,66 | 
| 2020/11 | Avión | 12.159,85 € | 6.000,00 € | 9,52 | 
| 2020/5 | Carnota | 8.638,92 € | 5.183,35 € | 9,20 | 
| 2020/13 | Marín | 11.392,03 € | 6.000,00 € | 8,42 | 
| 2020/8 | Vilar de Santos | 9.075,00 € | 5.823,00 € | 8,28 | 
| 2020/7 | O Carballiño | 9.075,00 € | 6.000,00 € | 8,02 | 
| 2020/4 | Coles | 5.000,00 € | 4.000,00 € | 8,00 | 
| 2020/22 | Viana do Bolo | 6.605,00 € | 5.284,00 € | 8,00 | 
| 2020/27 | Portomarín | 8.167,50 € | 5.717,25 € | 7,90 | 
| 2020/1 | Ordes | 8.500,00 € | 6.000,00 € | 7,88 | 
| 2020/21 | Cedeira | 14.999,96 € | 6.000,00 € | 7,80 | 
| 2020/16 | Noia | 14.900,00 € | 6.000,00 € | 7,79 | 
| 2020/31 | Pol | 8.162,67 € | 6.000,00 € | 7,79 | 
| 2020/25 | Dodro | 7.500,00 € | 5.700,00 € | 7,72 | 
11.20.432A.781.0 Entidades:
Adxudicatarios
| Exp. | Solicitante | Contía proxecto | Contía axuda | Puntos | 
| 2020/3 | Fundación Exponav | 12.046,87 € | 6.000,00 € | 6,00 | 
| 2020/4 | Asociación Amigos Fefiñáns | 3.000,00 € | 2.400,00 € | 6,00 | 
| 2020/6 | Arquivo Histórico Diocesano Tui-Vigo | 9.075,00 € | 6.000,00 € | 5,62 | 
| 2020/5 | Fundación Isla Couto | 8.315,33 € | 6.000,00 € | 5,33 | 
| 2020/8 | Confederación Espeleología | 7.500,00 € | 6.000,00 € | 5,00 | 
| 2020/1 | Fundación Vicente Risco | 8.315,33 € | 6.000,00 € | 4,00 | 
| 2020/2 | Fundación Luis Tilve | 3.314,68 € | 2.600,00€ | 4,00 | 

 
					
