Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 8 de setembro de 2020 Páx. 35342

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se fixan a data, o lugar e a hora de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 1 de setembro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 da Consellería de Facenda (DOG núm. 48, do 8 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Que, consonte o previsto na base II.1.1.3 da orde de convocatoria do proceso selectivo, convócanse os seguintes aspirantes para a realización do terceiro exercicio, primeira proba: lingua inglesa, que terá lugar o día 1 de outubro de 2020, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

**2662***

Bueno Capeáns

Paulo

**9961***

Losada González

Antonio

**8365***

Marcos Doldán

Eva

**7965***

Mosquera Mato

Diego

**8290***

Riadigos Vilariño

Santiago

**8091***

Valiño García

Juan Antonio

**8196***

Varela Iglesias

Ricardo

**9705***

Vidal Ces

David

Segundo. Relación de persoas aspirantes exentas de realizar a primeira proba do terceiro exercicio, e que, polo tanto, acreditaron o nivel de coñecemento da lingua inglesa correspondente a un nivel B2, ou superior, dentro do Marco común europeo de referencia:

***6888**

Rega Liste

Daniel

***3799**

Vila Martínez

Paula

Terceiro. Todas as persoas aspirantes acreditaron, no prazo sinalado, que posúen o Celga 4 ou o equivalente, polo que están exentas de realizar a segunda proba deste exercicio, proba de lingua galega.

Cuarto. As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Quinto. Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2020

Juan Manuel Gómez Duaso
Presidente do tribunal