Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 8 de setembro de 2020 Páx. 35396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2020 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Carliños II e Jupan.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Carliños II e Jupan e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes:

Mediante escritos do 28 de agosto de 2020, Antón Fernández Lamela (***3550**), en representación de Mariscos Antón Fernández, S.L. (B70451018), solicitou autorización para a transmisión das concesións administrativas e das bateas Carliños II e Jupan.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de A Ostreira, S.L. (B36022598), das concesións que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Carliños II.

Situación:

Cuadrícula nº: 120.

Polígono: A.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especies autorizadas: ameixa babosa (Venerupis pullastra), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), ostra plana (Ostrea edulis), vieira (Pecten maximus), volandeira (Aequipecten opercularis) e zamburiña (Chlamys varia).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 31.5.1977.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Nome: Jupan.

Situación:

Cuadrícula nº: 90.

Polígono: A.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: ostra plana (Ostrea edulis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 27.10.1988.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Mariscos Antón Fernández, S.L. (B70451018).

Nova titular: A Ostreira, S.L. (B36022598).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular das concesións queda subrogada nos dereitos e obrigas da anterior desde o momento da formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun (1) mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 1 de setembro de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
A xefa territorial de Vigo
Por delegación de sinatura (Resolución do 26.9.2017)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Recursos Mariños