Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 9 de setembro de 2020 Páx. 35498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación de requirimentos de documentación respecto do proceso de concentración parcelaria da zona de Val de Camba (Rodeiro-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural en Lalín-Pontevedra (rúa Polideportivo, nº 1, baixo), (teléfono 886 15 94 54) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día da súa publicación.

Pontevedra, 26 de agosto de 2020

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

MB181

24140411W

Notificación requirimento

MB215

35159639E

Notificación requirimento

MB215

37700558Q

Notificación requirimento

MB220

34575482L

Notificación requirimento