Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 9 de setembro de 2020 Páx. 35508

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO sobre a orde de execución de limpeza de predios, ditada ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (expediente GEST 1225/2020 URB 24/2020).

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscales e administrativas), procedemos á publicación da referencia do expediente e das referencias catastrais de dúas parcelas en situación de risco de incendio, unha delas en investigación e outra da que coñecemos ao titular catastral pero non o seu enderezo postal, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados, fronte a incendios forestais, advertindo expresamente de execución subsidiaria por parte do concello, dacordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución atópase á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Polígono-parcela-lugar

Interesado

Referencia catastral

GEST 1225/2020

(URB 24/2020)

21-1164-Capela San Sebastián, Santa María de Oia.

En investigación

36036A021011640000QR

GEST 1225/2020

(URB 24/2020)

21-1168-Capela San Sebastián, Santa María de Oia.

Jose Alvarez Crespo

(Enderezo descoñecido

36036A021011680000QJ

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 19 de agosto de 2020

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa