Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 10 de setembro de 2020 Páx. 35688

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (88/2019).

Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), certifico que neste xulgado se tramitan autos arriba referenciados nos cales se ditou a seguinte:

Sentenza número 93

En Vigo o vinte e cinco de marzo de dous mil vinte.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 88/2019 sobre modificación de medidas, por instancia de Natalia Florencia Cinelli, como demandante, representada polo procurador dos tribunais Joaquín Gabriel Santos Conde e baixo a asistencia letrada de María Luisa Castro Núñez, contra Jorge Luis González González, como demandado, declarado en situación de rebeldía procesual e no cal interveu o Ministerio Fiscal, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Resolución

Na demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Santos Conde, en nome e representación de Natalia Florencia Cinelli, contra Jorge Luis González González, declarado en situación de rebeldía procesual, estimo esta, realizando os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. Atribúese a garda e custodia do fillo menor á Sra. Cinelli, quen exercerá en exclusiva a patria potestade sobre o menor.

Segundo. O Sr. González González poderá relacionarse co seu fillo cando ambos os dous libremente e de mutuo acordo o decidan.

Terceiro. O Sr. González González aboará en concepto de pensión de alimentos para o seu fillo a cantidade de 140 euros mensuais, que ingresará dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que a nai designe para o efecto e que se actualizará anualmente conforme a variación que experimente o índice de prezos de consumo, pensión que ten efectos desde a presente resolución.

As custas impóñense á parte demandada.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así por esta miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación a Jorge Luis González González, en ignorado paradoiro expido e asino o presente.

Vigo, 22 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza