Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 10 de setembro de 2020 Páx. 35724

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

ANUNCIO do 5 de agosto de 2020 polo que se fai pública a resolución da concesión dos premios do concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas.

Mediante Resolución da directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) do 23 de decembro de 2019 aprobáronse as bases reguladoras e fíxose pública a convocatoria do Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas (DOG núm. 13, do 21 de xaneiro de 2020).

Os premios do dito concurso foron dotados, segundo o establecido pola base segunda da convocatoria, cos seguintes importes:

Categorías

De 9 a 11 anos

De 12 a 14 anos

1º premio

250 euros

250 euros

2º premio

200 euros

200 euros

3º premio

150 euros

150 euros

En cumprimento do establecido nas bases décimo segunda e décimo terceira da dita Resolución do 23 de decembro de 2019, a adxudicación dos premios realizase en virtude da resolución da directora da EGAP, de acordo coa proposta do xurado, que debe ser publicada na web da Escola e no Diario Oficial de Galicia, producindo esta publicación os efectos da notificación, de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Esta resolución de adxudicación foi ditada por delegación en virtude do disposto polo punto 1º.i) da Resolución da Dirección da EGAP do 17 de decembro de 2007 sobre delegación de competencias no secretario xeral.

De acordo co exposto, faise pública a Resolución do 4 de agosto de 2020 da concesión dos premios do concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas do ano 2020, que foi adoptada de acordo coa proposta do xurado e seguindo o procedemento regulado na Resolución da directora da Escola, e que literalmente di:

«De acordo coa proposta do xurado e en virtude do sinalado pola base décimo segunda da Resolución do 23 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria do Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar os seguintes premios:

Categoría 1:

1º 250 euros para Ángel Méndez Sueiro por Os mundos de Chisco.

2º 200 euros para Inés Diéguez González por De rocas a palabras.

3º 150 euros para Naiara Aguiar Lorenzo por A ambición.

Categoría 2:

1º 250 euros para Adriana Piñeiro Varela por E ti que es????.

2º 200 euros para Rosalía Bernárdez Riopedre por Receita para facer o caldo.

3º 150 euros para Sara Pazos Fabeiro por Neimne.

Segundo. Ordenar que se publique esta resolución na páxina web da EGAP e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Requirir as persoas premiadas para que no prazo de cinco (5) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia, acepten o premio, o que deberán facer mediante a presentación dun escrito asinado en tal sentido pola persoa premiada ou a persoa que legalmente a represente dirixido á EGAP.

Esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá ser impugnada en reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto polos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, cabe a interposición directa de recurso contencioso-administrativo ante os xulgados desa xurisdición que resulten competentes, no prazo de dous (2) meses contados tamén a partir do día seguinte ao da publicación deste acto, de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.».

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2020

A directora da Escola Galega de Administración Pública
P.D. (Resolución do 17.12.2007; DOG núm. 3, do 2.1.2008)
Sergio Domingo Baamonde Boquete
Secretario xeral da Escola Galega da Administración Pública