Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 11 de setembro de 2020 Páx. 35820

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2020 pola que se modifica o anexo da Resolución do 7 de febreiro de 2020 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral e corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

Unha vez publicada a Resolución do 7 de febreiro de 2020 (DOG núm. 32, do 17 de febreiro), que se cita no encabezamento, resulta necesario modificar os anexos que figuran nela, para adaptalos á realidade dos postos existentes susceptibles de participar no proceso de funcionarización convocado, polo que esta dirección xeral

DISPÓN:

Incluír o seguinte código de posto:

Categoría 4

Titulado/a superior

PSC991000015001505

***3508**

D

A

M

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), consonte a Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2020

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública