Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 11 de setembro de 2020 Páx. 35808

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso convocado para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala de persoal subalterno da agrupación profesional de persoal funcionario, do persoal laboral fixo da categoría 003 do grupo V (ordenanza, celador/a, vixilante oficinas...) pertencente ao grupo V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

Mediante a Resolución do 10 de xullo de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 141, do 16 de xullo), aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala de persoal subalterno da agrupación profesional de persoal funcionario, do persoal laboral fixo da categoría 003 do grupo V (ordenanza, celador/a, vixilante oficinas...) pertencente ao grupo V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 7 de febreiro de 2020 (DOG núm. 32, do 17 de febreiro).

Unha vez transcorrido o prazo para a presentación de reclamacións sobre as ditas listaxes e de conformidade co establecido nas bases que rexen o proceso, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala de persoal subalterno da agrupación profesional de persoal funcionario, do persoal laboral fixo da categoría 003 do grupo V (ordenanza, celador/a, vixilante oficinas...) pertencente ao grupo V, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 7 de febreiro de 2020 (DOG núm. 32, do 17 de febreiro).

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de persoas aspirantes excluídas

Categoría 003.

Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas (...).

Nome

NIF

Causa

Amoedo Cabaleiro, Jesús Andrés

***7801**

38

Baamonde Argul, Carmen

***3617**

38

Barros Couso, Mónica

***2127**

38

Buch Sánchez, Enrique Joaquín

***9751**

38

Buján Salgado, Susana

***8583**

38

Canitrot Fidalgo, Concepción

***5378**

29

Da Ponte Tarrío, María José

***6697**

38

Da Silva Leiva, María Teresa

***2570**

38

García Simón, Tania

***2816**

38

González Álvarez, Francisco Javier

***7507**

38

González Río, María Asunción

***0902**

69

Iglesias Fernández, Miguel Antonio

***5640**

37, 73

Iglesias Martínez, Rebeca María

***6586**

38

Jiménez Ruiz, María Isabel

***2659**

38

Jover Navarro, María Dolores

***9683**

38

López Armesto, Belén

***2409**

38

López Fernández, José Manuel

***6076**

73, 74

Mandado Vázquez, Emilio Jesús

***3744**

73, 74

Maroñas García, Antonio

***8622**

73, 74

Martínez Martínez, María Soledad

***4822**

69

Martínez Riveiro, Amelia

***3270**

28, 73

Montenegro Uxío, Marcos

***4038**

38

Pailos Parga, Francisco

***6555**

38

Pena Varela, María Carmen

***0918**

29

Pérez Iglesias, María Sol

***4581**

29

Pérez Insua, Ander

***8831**

38

Pérez Regueiro, María Encarnación

***1021**

28, 73

Prieto Cacabelos, Diana

***6059**

69

Purriños Maceira, Beatriz

***6548**

38

Ramírez Gómez, María de los Ángeles

***4147**

38

Recouso Álvarez, Francisco Javier

***1165**

38

Rey Vázquezomo, Fátima

***5545**

29

Sánchez Sánchez, María Luisa

***1281**

29

Seoane Enríquez, Cándida

***1670**

29

Simón Chamborro, Purificación

***8135**

38

Vilanova Morandeira, Javier

***3685**

38

Causas de exclusión

Código

Descrición

28

Persoal laboral temporal

29

Non é persoal laboral fixo da categoría convocada

37

Persoal funcionario interino

38

Non é persoal da Xunta de Galicia

69

Non figura na listaxe de postos convocados

73

Non superou proceso para o acceso á condición de laboral fixo

74

Persoal nomeado ao abeiro do Decreto 289/2001, do 15 do novembro