En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dez de setembro de dous mil vinte,
DISPOÑO:
Que cese, por pase a outro destino, Pablo Casal Espido como director xeral de Orientación e Promoción Laboral, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, dez de setembro de dous mil vinte
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Francisco José Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación