Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 11 de setembro de 2020 Páx. 35852

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO polo que se corrixen erros do Anuncio do 12 de decembro de 2019 de notificación a titulares coñecidos e descoñecidos para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

Advertidos erros no Anuncio de notificación do 12 de decembro de 2019 en procedemento de cumprimento da obrigación de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas, con número de IDE N1900879232, procédese a efectuar a oportuna corrección.

A continuación concrétase o contido da rectificación:

Por cuestións técnicas alleas ao Concello, non se puido levar a cabo a notificación postal ás persoas responsables de xestión da biomasa coñecidas, ás cales se fai referencia no Anuncio do 12 de decembro. É por isto que se anula o contido da devandita notificación, no que fai referencia ás parcelas de propietarios coñecidos (páxinas 2 a 227 da publicación) manténdose íntegro o resto da publicación relacionada co incumprimento por parte das parcelas de propietarios descoñecidos.

A Cañiza, 27 de agosto de 2020

Luis Antonio Gómez Piña
Alcalde