Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 11 de setembro de 2020 Páx. 35854

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO da oferta de emprego público complementaria para o ano 2020.

Na Xunta de Goberno Local con data do 6 de agosto de 2020 adoptouse o seguinte acordo en relación coa oferta de emprego público complementaria para o ano 2020 do Concello de Guitiriz:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público complementaria deste concello para o ano 2020 que contén os seguintes postos de traballo que deberán convocarse no prazo máximo de tres (3) anos:

Persoal funcionario:

Denominación-Grupo-Escala

Subescala

Nº vacantes

Acceso

Sistema selección

Fundamentación

Policía local; C1

Escala: Administración especial

Subescala: servizos especiais

1

1 Mobilidade

Concurso

Artigo 19 Un.5 LOXE 2018

Persoal laboral fixo:

Denominación

Nº vacantes

Acceso

Sistema selección

Fundamentación

Limpador/a

Persoal laboral fixo-descontinuo

1

Libre

Oposición libre

Artigo 19 Un.2.3.7. LOXE 2018

Segundo. Modificar o sistema de provisión da praza de terapeuta ocupacional do CD (ficha nº 30 da RPT, código 69) engadida na OEP de 2020 (publicada no BOP de Lugo con data do 3 de marzo e no DOG con data do 24 de marzo), para que sexa o de oposición en vez de concurso-oposición.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición, no prazo dun (1) mes, a partir do día seguinte ao da publicación ante o mesmo órgano que a ditou conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da publicación de acordo co artigo 8.1 da Lei 29/98, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro que xulgue procedente.

Guitiriz, 10 de agosto de 2020

María Sol Morandeira Morandeira
Alcaldesa